Sunday 05 de May de 2024

Máis de 20 establecementos competirán na 3ª edición do concurso de tapas De bo dente


Terá lugar os días 7, 8 e 9 de xullo e será a clientela quen decida os gañadores. Tamén haberá importantes premios para o público participante

Os vindeiros 7, 8 e 9 de xullo Ordes celebrará o III concurso de tapas De bo dente, no que participarán un total de 21 bares e restaurantes da vila. Continúa así unha das iniciativas gastronómicas máis apoiadas por veciños, veciñas e visitantes, xa que son elas e eles mesmos os que escollen as mellores tapas que se presentan ao dito concurso. Un xeito co que o Concello de Ordes, organizador do evento, quere incentivar a cultura das tapas, á par que promove e dinamiza a hostalería.
O xeito de proceder por parte da clientela será igual que o de anos anteriores, plasmando as súas valoracións nos boletos que poderán obter nos negocios participantes. Para optar aos agasallos e premios do público será imprescindible ter un mínimo de 5 establecementos visitados. Haberá tres lotes constituídos por agasallos como viaxes, cervexa, cestas de froita, vales agasallo de comercios locais, botellas de viño e 24 agasallos sorpresa.
As tres tapas con maior puntuación recibirán como premio unha dotación económica e unha botella Mágnum Costeira cada unha delas. O acto de entrega de todos estes lotes terá lugar o 22 de xullo en horario de mañá, nun acto que se desenvolverá na Praza de Abastos.
Os bares e restaurantes que participan na edición deste ano son: EL TÚNEL, A BARRICA ADEGA, MESÓN O SÓTANO, CERVEXERÍA ISLIA, CERVEXERÍA P.J., FACTORÍA DOCE, CAFÉ – BAR O MERCADO, PARRILLADA O RANCHO, EL PUENTE, CERVEXERÍA O 27, ABACCO, FEITIZO, LITTLE COFFEE, BIRROTECA SOUL FOOD, BLACK & WHITE, CAFETERÍA SAN ROQUE, EL SALÓN, CAFETERÍA DONIÑA, BAR MARAL, PIZZERÍA-TAPERÍA A SELLA e BAR CORREOS.
No concurso tamén colaboran froitería A Nova, perruquería Stilos, centro de estética D´Chus, zapatería Sanmede, Carma zapatería, tenda de roupa Chic, Sportec, carnicería Ignacio e almacéns Cancela S.L. Patrocinan a Asociación Cultural e de Festexos da Vila de Ordes e Estrella Galicia.